CULTURA

O Auditorio de Galicia acolle o venres un concerto do trompetista Esteban Batallán, acompañado da Banda de Música de Santiago

14/10/2020

O Auditorio de Galicia acollerá o venres, día 16, ás oito da tarde, o concerto do trompetista e profesor no Chicago College of Perfoming Arts de Roosevelt Universit, Esteban Batallán, que actuará acompañado da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Presentouno hoxe, en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural en funcións, Marta Abal, quen lle agradeceu "a oportunidade que nos brinda de escoitalo".

Leer más

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

Asinados os convenios de colaboración con Médicos do Mundo e a Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento

14/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou os convenios de colaboración correspondentes a 2020 coas entidades sociais Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, que percibirá 15.000 euros en axudas; e coa asociación Médicos do Mundo, que recibirá unha subvención de 10.000 euros.

Leer más

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

Aberta a inscrición no programa "Mellora Empresarial de Economía Social" para dotar ás cooperativas de servizos de apoio fronte á crise sanitaria

14/10/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro presentou o programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolverá o concello e Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas ata final de ano, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Na presentación estivo acompañada da responsable de relacións institucionais da entidade, Mar Pernas

Leer más

MOBILIDADE

Xunta de Goberno extraordinaria na que se deu conta do convenio asinado co executivo galego e coa Deputación da Coruña para a adquisición de tres vehículos de emerxencias

14/10/2020

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muiños, deu conta, na Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada este mediodía, do convenio entre o concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación provincial da Coruña para colaborar nos gastos da adquisición dun vehículo todo camiño, un todo terreo e un furgón.

Leer más
Compartir: