FACENDA

Este domingo remata o prazo para votar as propostas dos orzamentos participativos

10/10/2017

Os orzamentos participativos Compostela Decide emprenden a súa recta final. Este domingo día 15, ás 23:59 horas,remata o prazo para votar as 133 propostas cidadás rexistradas a través da web decide.santiagodecompostela.gal. Para animar a participación, este mércores, a partir das 16:30 horas, haberá unha carpa na praza do Toural cun espazo de xogo, ordenadores e toda a información precisa para que calquera persoa se manteña ao tanto do proceso ou...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Nace "Santiauga", un proxecto para fomentar o consumo da auga da billa na hostalería compostelá

10/10/2017

O Concello de Santiago quere fomentar o consumo da auga da billa, tamén no sector da hostalería. Ese é o obxectivo do proxecto Santiauga, que vén de poñer en marcha a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia e que hoxe presentou o edil Xan Duro. Na rolda de prensa estivo acompañado por Constantino Penedo, xefe de proxectos de medio natural de Novotec, a empresa que colabora co Concello nesta campaña.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Coloquio sobre as persoas con visión reducida na Fundación Granell no marco do Día Mundial da Visión

10/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou hoxe o coloquio enmarcado dentro das actividades do Día Mundial da Visión. Este encontro terá lugar na Fundación Granell ás 19:00 horas deste martes. Tamén participaron na rolda de prensa Lourdes Díaz, presidenta da Asociación Tiresias Galicia; José María Casado, presidente da Asociación Visión-España, e Antonio Felpeto, participante no taller de fotografía Cores Marcianas. Todos eles coincidiron na necesidade...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Galicreques ofrecerá máis de 40 funcións da man de 26 compañías procedentes de Galicia, España, Arxentina ou Francia

10/10/2017

O Festival Internacional Galicreques celebrará a súa 22ª edición entre o 14 e o 22 de outubro, cunha ampla programación con máis de 40 funcións e que contará cun marcado carácter internacional, ao traer a Compostela un total de 26 compañías procedentes de Arxentina, Chile, Francia ou Portugal, ademais de formacións galegas e do resto do Estado.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Unha mostra artística conmemora en Compostela o Día Mundial da Saúde Mental

10/10/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou nos actos con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde Mental, celebrados no Matadoiro Compostela. Coa concelleira tamén estivo Mar Piñeiro, presidenta da Asociación Fonte da Virxe, que reúne a familiares, amigos e persoas con enfermidades mentais. No Matadoiro expuxéronse traballos de pintura feitos por membros da Asociación e presentouse un vídeo elaborado por un equipo de técnicos que seguiu durante o verán as actividades...

Leer más
Compartir: