ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa Plataforma de Afectados pola Canteira de Miramontes

04/12/2017

O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia mantiveron hoxe unha xuntanza coa Plataforma de Afectados pola Canteira de Miramontes. Foi unha reunión na que Martiño Noriega e Xan Duro se comprometeron a seguir recollendo as reivindicacións da veciñanza da Grixoa e a mediar para que se vexan satisfeitas.

Leer más

MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE

Santiago reivindica a súa identidade rural co proxecto "cultRural"

04/12/2017

Do 12 ao 19 de decembro, Santiago vai reivindicar a súa esencia e identidade rural e a analizar as novas propostas dirixidas a dinamizar este ámbito tan importante do municipio. Será no marco do proxecto cultRural, que hoxe presentaron os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; e de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. Segundo explicaron os concelleiros, "o obxectivo é que Compostela sexa durante esa semana a capital da cultura rural, ao tempo que se convirte en sede do IV Festival...

Leer más

NADAL

O Concello anima o Nadal de Compostela cunha programación con máis de 50 actividades

04/12/2017

Máis de medio cento de actividades para todos os públicos, dende a pasada fin de semana e ata despois de Reis. É a programación do Concello para este Nadal, que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural. Branca Novoneyra salientou que o programa "inclúe ofertas ben distintas para todos os públicos, con moitas actividades para os nenos e nenas, pero tamén propostas para a mocidade e o público adulto".

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax

04/12/2017

A Sala Númax acollerá este martes, de 9:00 a 11:00 horas, o último dos Almorzos do bo facer. Este último encontro, que leva por título "Almorzo proxecta", culmina o proceso de recollida de ideas nacidas da interacción entre cooperativas do mesmo ámbito ou con iniciativas semellantes, dando a coñecer os proxectos que serán presentados ao Concello para ser estudados e recibir apoio. Neste almorzo participarán Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, e Carme Casado, técnica...

Leer más
Compartir: