DEPORTES

Unha delegación de 47 deportistas de Compostela competirá na XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico

30/06/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou esta mañá a participación de Santiago na XIV edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se van desenvolver na cidade portuguesa de Maia do 4 ao 8 de xullo. A delegación compostelá está formada por 47 deportistas e 10 técnicos, que competirán nas disciplinas de fútbol 7, natación, baloncesto e atletismo adaptado.

Leer más
Compartir: