DEPORTES

Aberto ata o 11 de xullo o prazo de solicitude de utilización das instalacións deportivas municipais

20/06/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, anunciou hoxe en rolda de prensa a apertura do prazo de solicitude para realizar adestramentos e outras actividades físicas nas instalacións deportivas municipais, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobara as bases que regulan o seu durante a tempada 2022-2023. A presentación de solicitudes para actividades extraescolares vinculadas aos centros de ensino estará aberta ata o 15 de setembro.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A concelleira Mila Castro abre as xornadas sobre interpretación educativa e coñecemento da árbore

20/06/2022

Esta mañá deu comezo o "Curso de interpretación educativa e coñecemento da árbore", organizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e que se desenvolverá desde hoxe e ata o xoves 23 de xuño no edificio CERSIA. No acto de apertura participaron a concelleira da Medio Ambiente, Mila Castro e o xefe de Área da "Subdirección General de Política Forestal" do MITECO, Gregorio Chamorro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno da luz verde á contratación temporal de 20 persoas desempregadas

20/06/2022

O Concello de Santiago contratará, durante nove meses, a 20 persoas desempregadas, segundo se acordou hoxe en Xunta de Goberno. Un encontro no que tamén se deu conta da aportación da Xunta para a capitalidade, que é de 2.392.425 euros; e no que se aprobou o procedemento de concesión de subvencións á rehabilitación ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 correspondentes ás Fases 1 da área de rexeneración e renovación urbana do barrio de Vite. A esta convocatoria destinaranse 298.264.96 euros. Dos acordos...

Leer más
Compartir: