POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Refuxiadas cunha campaña de sensibilización e un concerto da Banda Municipal

17/06/2022

Cada ano, o 20 de xuño conmemórase o Día Mundial da Persoa Refuxiada co propósito de dar visibilidade á difícil situación de aqueles que foxen dos conflitos ou das persecucións, e poñer o foco nos dereitos, as necesidades e os soños destas persoas. Este ano, o Concello colabora a través dunha campaña que pretende dar visibilidade aos artigos da Declaración dos Dereitos Humanos que garanten a protección das persoas refuxiadas.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba por unanimidade o reparto dos fondos do remanente de tesourería dedicados a axudas

17/06/2022

Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada este venres, a Corporación municipal aprobou por unanimidade o reparto do remanente do ano pasado destinado a axudas. Un importe total de 3.375.000 euros destinado ao fomento da economía circular e social, ao sector cultural ou ao comercio local con iniciativas como os Bonos Corazón. Tamén se deu luz verde a unha partida extra por valor de 300.000 euros como fondo de reserva para o Biopolo da Sionlla

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Aberta a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti

17/06/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e doutros concelleiros e concelleiras da Corporación municipal, inaugurou esta tarde a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti, en Lamas de Abade, na que se investiron preto de 78.000 euros.

Leer más
Compartir: