EDUCACIÓN

Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Entroido nas Escolas Infantís Municipais

08/02/2022

As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este Entroido un total de 34 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Os Obradoiros de Entroido convértense así un ano máis nunha proposta lúdica de calidade para os máis pequenos da casa ao tempo que se favorece a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias nos períodos extraescolares.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o procedemento para seleccionar á entidade que xestionará os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro

08/02/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, áprobou a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da contorna da rúa dos Concheiros, a través dos Bonos Corazón Concheiros-San Pedro. Estes bonos contan cun orzamento de 75.000 euros, e a previsión é que estean operativos a partir do 26 de febreiro, coincidindo co Entroido. A súa...

Leer más

POLÍTICAS DE IGUALDADE

Comunicado rexeitando o concerto de Kaydy Cain e condenando as mensaxes das súas cancións

08/02/2022

A concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestamos a nosa repulsa ao concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ten previsto dar este xoves; ao considerar que as letras das súas cancións son vexatorias e denigrantes para as mulleres. Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, como neste caso, que agrede violentamente ás mulleres e a súa dignidade.

Leer más
Compartir: