MEDIO AMBIENTE

O Concello lanza a iniciativa #1Cole1Bosque, dentro da campaña "Vota Carballo"

05/02/2022

O Carballo de Conxo está a competir durante este mes de febreiro no certame Tree of the year para converterse na árbore europea de 2022. No marco desta campaña o Concello de Santiago está a realizar unha serie de iniciativas co obxectivo de pór en valor e incrementar os espazos naturais cos que xa conta a capital de Galicia. Nesta ocasión anima os colexios do municipio a sumarse á campaña e así poder contar cun bosque bautizado co nome do propio centro.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Marta Abal destaca que a consolidación do galego nos medios de comunicación é fundamental para a súa supervivencia

05/02/2022

A concelleira de Economía e Modernización da Administración Local, Marta Abal, participou hoxe no "Día dos medios en galego. Bota a lingua a pacer", organizado por AMEGA, a Asociación de Medios en Galego. Na súa intervención, Abal destacou que a consolidación do noso idioma nos medios de comunicación "é fundamental para a súa supervivencia".

Leer más

ACCION CULTURAL

Mercedes Rosón aposta, na presentación do libro sobre o castelo da Rocha Forte, por seguir recuperando a memoria "dun elemento fundamental na historia compostelá"

05/02/2022

A Concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón asistiu hoxe á presentación do libro "Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval". Na súa intervención sinalou que esta publicación "é un paso máis na recuperación da memoria do acontecido na Rocha Forte", un "elemento fundamental da historia compostelá".

Leer más
Compartir: