CENTROS SOCIOCULTURAIS

O alumnado do Rodríguez Xixirei participa no programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización"

25/02/2022

O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, visitou o colexio Rodríguez Xixirei, de Lavacolla, onde un grupo de 19 alumnos e alumnas participou nun obradoiro do programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización". Un proxecto que pretende abordar simultaneamente as crisis sanitarias e climáticas nas que nos atopamos a través dunha proposta educativa interxeneracional na que conxugar as necesidades e intereses da mocidade e a terceira idade.

Leer más

TURISMO

A Xunta de Confrarías co apoio do Concello presenta a programación da Semana Santa, que recupera as procesións e unha ampla actividade relixiosa e cultural

25/02/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz presentaron esta mañá en rolda de prensa a programación da Semana Santa 2022. Haberá un total de 15 procesións, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e unha histórica procesión de traslado. O pregón terá lugar unha semana antes do inicio dos desfiles procesionais e a persoa elixida para esta edición será a periodista compostelá Paula Pájaro.

Leer más

FESTAS

O Entroido compostelán arranca esta fin de semana co tradicional desfile do Meco

25/02/2022

Tras un ano de interrupción por mor da pandemia, iniciase mañá unha nova edición das festas do Entroido, cunha volta case total das actividades ás rúas. Como punto de partida do programa deste ano, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña mañá sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco será queimado na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido queda suspendido a consecuencia dos efectos da sexta vaga.

Leer más

MOBILIDADE

O alcalde de Santiago, satisfeito coa resolución provisional das axudas Next Generation para a plataforma loxística de mercadorías

25/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse hoxe satisfeito coa "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías de Santiago de Compostela". O importe da axuda é de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Leer más
Compartir: