CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais lanza un programa de actividades para o Entroido baixo a temática dos romanos en Santiago

10/02/2022

A concelleira de Acción Cultural Mercedes Rosón e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, acompañados pola técnica de programación dos Centros Socioculturais, Lourdes de la Cruz, presentaron hoxe en rolda de prensa unha proposta de Entroido que combina actividades presenciais e virtuais. Ata o 5 de marzo, toda a familia poderá desfrutar dunha ampla oferta de iniciativas entre as que destaca a comparsa de temática romana "Os trescentum de Asseconia" que permitirá á veciñanza coñecer...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A Deputación da Coruña súmase ao apoio á campaña "Vota Carballo"

10/02/2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o Carballo de Conxo xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para amosar o apoio do ente provincial á campaña "Vota Carballo", na que este exemplar se xoga ser a Árbore europea do 2022. Tamén estiveron na visita os concelleiros de Medio Rural, José Manuel Pichel, e de Medio Ambiente, Mila Castro, e o deputado provincial Antonio Leira.

Leer más
Compartir: