MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O corpo de Bombeiros cumpre cen anos como servizo municipal

08/06/2021

Esta mañá o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitou o parque de Bombeiros con motivo da celebración do seu centenario como servizo municipal. A explanada de entrada ao parque acolle unha exposición dos vehículos históricos máis importantes cos que contou o corpo dende a súa posta en marcha, restaurados, na súa meirande parte, polos propios integrantes do corpo.

Leer más

TURISMO

Publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da convocatoria de axudas á restauración, hospedaxe e turismo

08/06/2021

Hoxe, día 8 de xuño de 2021, publícase a Resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación de listaxes de solicitudes recibidas e requirimentos de subsanación da "CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O RESCATE DA RESTAURACIÓN, HOSPEDAXE E TURISMO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AFECTADO POLA CRISE DA COVID-19. ANUALIDADE 2021".

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Mila Castro asiste á inauguración da mostra itinerante "As caras da meninxite"

08/06/2021

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asistiu hoxe á inauguración da exposición itinerante "As caras da meninxite", que se pode visitar na sede da Fundación ABANCA, situada na Praza de Cervantes, ata mañá, 9 de xuño. O obxectivo desta mostra é concienciar sobre esta doenza que xera graves secuelas ás persoas afectadas, sobre os seus síntomas, e sobre a súa prevención.

Leer más
Compartir: