TURISMO

O aeroporto de Santiago contará con 14 rutas internacionais directas este verán

06/06/2021

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro contará con 14 rutas internacionais directas nos meses centrais de verán, recuperando case plenamente a operativa internacional do aeroporto previa a Covid-19. Con estas rutas xa cargadas á venda, seis compañías ofertarán unha ampla conectividade internacional, que permitirá comezar a reactivación turística dos principais mercados europeos na cidade.

Leer más
Compartir: