ALCALDÍA

Máis de 1000 empresas solicitaron as axudas destinadas aos sectores comercial e hostaleiro do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago

04/06/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agarda que se poidan atender todas as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria do PRESS, o Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago, tanto as do sector comercial como as do hostaleiro e turístico. Estas axudas se convocan no marco do convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de reactivación económica e social do Concello de Santiago, cunha achega provincial dun millón de euros.

Leer más

EDUCACIÓN

Rubén Prol aposta por un maior investimento en innovación durante a apertura das xornadas de educación de Maker Faire

04/06/2021

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participou na apertura das xornadas de Educación da séptima edición de Maker Faire. Na súa intervención, destacou que a "educación é o piar da sociedade e debe adaptarse continuamente ás necesidades e aos avances sociais. A crise provocada pola pandemia fortaleceu a dixitalización, acelerou a revolución tecnolóxica e puxo sobre a mesa a necesidade dun maior investimento en innovación e investigación".

Leer más

REXISTROS

Novo funcionamento dos rexistros do Concello dende o 7 de xuño

04/06/2021

A partir do 7 de xuño de 2021, co fin de axilizar o cumprimento de trámites e mellorar a calidade dos servizos na atención presencial, os cidadáns que desexen presentar fisicamente solicitudes relativas aos impostos ou tributos municipais (bonificacións, liquidacións, etc) ou a materias de urbanismo (licenzas, comunicacións previas, etc) deberán dirixirse exclusivamente ás seguintes oficinas:

Leer más
Compartir: