FESTAS

O espectáculo dos Fogos do Apóstolo lembrará as grandes mulleres da historia de Compostela

22/07/2019

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou os Fogos do Apóstolo 2019, que se celebrarán na noite do 24 de xullo a partir das 23:00 horas. O espectáculo volverá a xuntar as proxeccións, a pirotécnica e a música para facer un repaso por algúns episodios significativos da historia da cidade e para recordar, este ano, algunhas das mulleres máis representativas de Compostela.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde demanda unha maior achega autonómica pola capitalidade para vindeiros exercicios

22/07/2019

Na Xunta de Goberno Local celebrada este luns deuse conta da sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se aprobaron os pagos pendentes á empresa TRALUSA pola prestación do servizo de transporte de viaxeiros no primeiro semestre do ano.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo aposta pola colaboración entre administracións para dotar á cidade histórica da conectividade necesaria

22/07/2019

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura da xornada "A conectividade nos cascos históricos", organizada pola Xunta de Galicia; xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e a directora de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Mar Pereira. Sánchez Bugallo, sinalou que unha cidade histórica, para ser competitiva e para evitar que se deshabite, ten que ser capaz de ofrecer aos seus residentes "unha calidade de vida e servizos semellantes aos...

Leer más
Compartir: