MEDIO AMBIENTE

Un obradoiro sobre a limpeza do fogar e un roteiro polas Brañas de Sar, na programación de outubro do CIAC

02/10/2018

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela deseñou unha programación para este mes de outubro coa que quere facernos reflexionar sobre o estado das nosas aldeas e cidades, e sobre o impacto que os nosos feitos cotiáns teñen no medio ambiente. Deste xeito, o CIAC súmase á conmemoración do Día Mundial do Hábitat, que se celebra cada 2 de outubro.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O CERSIA acolle o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social

02/10/2018

Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá o vindeiro 11 de outubro o III Foro de Economía Social do Concello de Santiago. Na rolda estivo Clara Rodríguez, de 7hCoop, empresa encargada da organización do Foro.

Leer más

CONVIVENCIA

Empezan a funcionar as pulseiras do Colecamiños con máis de 80 nenos e nenas inscritos

02/10/2018

Os nenos e nenas que participan no programa de Camiños Escolares Seguros Colecamiños recibirán cadansúa pulseira que avisará ás súas familias da súa chegada aos centros escolares. O novo dispositivo tamén permitirá acumular puntos para canxealos despois por diferentes premios nos establecementos comerciais colaboradores. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta do inicio desta nova fase do programa Colecamiños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Diana Parente,...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde participa na entrega dos premios Trifinium

02/10/2018

O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe no acto de entrega do Premio Internacional Trifinium Xacobeo, que concede a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. No acto foron distinguidos a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Robert Plotz e Paulo Caucci, e o Instituto Xeográfico Nacional.

Leer más
Compartir: