MEDIO AMBIENTE

O barrio das Fontiñas conta xa cun renovado parque infantil con elementos inovadores e máis de 500 metros cadrados

25/02/2011

As Fontiñas dispón xa dunha renovada zona de lecer infantil que fará as delicias dos máis cativos da zona. Así o puido comprobar a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, que acompañou ao alumnado do CEIP das Fontiñas na reestrea do maior dos tres parques infantís abertos cos que conta o barrio. Coa edil estiveron tamén varias docentes do centro, os responsables da empresa HPC, e o xefe de servizo de Parques e Xardíns, Xosé Antonio Mosquera.

Leer más

ALCALDÍA

Emuvissa desestimará o recurso contra a licitación das obras do polígono industrial de Formarís e do nó de enlace coa N-550

25/02/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou en rolda de prensa que Emuvissa rexeitará o recurso que solicitaba a suspensión do proceso de licitación da urbanización do polígono industrial de Formarís (SUNP-38) e do nó de enlace coa estrada N-550. Indicou que o aprazamento da mesa de contratación destas dúas obras e da de Costa Vella (SUNP-37.3) se realizara unicamente por prudencia, á espera dos informes xurídicos e técnicos.

Leer más

TURISMO

Máis de 4.000 persoas visitaron o stand de Turismo de Santiago no Fórum Gastronómico de Girona

25/02/2011

A presenza de Santiago de Compostela no Forum Gastronómico, que tivo lugar en Girona do 20 ao 23 de febreiro, conseguiu espertar o interese de numerosos visitantes a esta cita. O stand promocionou a oferta turística de Santiago, e en especial a súa ampla oferta gastronómica, seguindo coa liña estratéxica de Turismo de Santiago de posicionar a cidade nun referente no turismo gastronómico internacional.

Leer más

CULTURA

Titzina Teatro presenta "Exitus" no Principal

25/02/2011

O domingo 27 de febreiro chega a Compostela Titzina Teatro dentro da programación de teatro da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e enmarcada na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Titzina Teatro, compañía catalana, presenta Exitus, unha historia na que múltiples personaxes e escenas se suceden de forma dinámica, poética e cun estilo traxicómico da man dos creadores Diego Lorca e Pako Merino. Titzina Teatro estará con dúas funcións, domingo e luns, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Leer más
Compartir: