ALCALDÍA E TURISMO

O Concello ultima con Easyjet os termos dunha conexión entre Santiago e Roma

24/02/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, compareceron en rolda de prensa para dar conta das negociacións mantidas por ambos con directivos da compañía aérea Easyjet. Do encontro saíu o compromiso dunha conexión entre Lavacolla e o aeroporto de Fuimicino (Roma), operativa dende o outono ou dende a primavera de 2012.

Leer más

MEDIO AMBIENTE E SANIDADE

A campaña "Convivencia Guauuuu!" promoverá as boas prácticas entre os donos de animais de compañía

24/02/2011

Presentouse en Raxoi a campaña que o Concello de Santiago desenvolverá para fomentar unha Convivencia guauuuu!. "Esta campaña estará activa a partir de principios de marzo pretende fomentar as boas prácticas en relación co espazo público e os animais", segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, que presentou os materiais e a imaxe da campaña xunto co concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, quen lembrou que "ao final, do que se trata e de lembrar o obrigado cumprimento dunha...

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"A memoria da xente" converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela

24/02/2011

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño foi o escenario escollido para o inicio do percorrido da exposición A memoria da xente por diversos barrios composteláns. A nova proposta impulsada pola rede de Centros Socioculturais pretende "continuar e potenciar as diferentes iniciativas relacionadas coa memoria viva da cidade", como teñen sido xa "as mostras A historia vai por barrios ou as publicacións promovidas polo movemento veciñal do Castiñeiriño, Conxo, A Sabugueira ou Marrozos", segundo...

Leer más
Compartir: