ACCIÓN CULTURAL

Un total de 65 curtametraxes de 19 países competirá na XIII edición de Curtocircuíto

20/09/2016

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, deu hoxe a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebrará en Compostela entre os días 3 e 9 de outubro. Foi nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.

Leer más

CONSORCIO

Catro solistas noveis de Galicia tocarán coa Real Filharmonía xunto con outros/as de Países Baixos, Rusia e Estados Unidos

20/09/2016

O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 23 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: