POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

Máis de 40 obradoiros sobre diversidades sexuais na aula para conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia

24/05/2016

O Concello de Santiago vén de sumarse ao Día Internacional contra a Homofobia, que se celebrou o 17 de maio, mediante a convocatoria de varias actividades sobre diversidades sexuais. Trátase da primeira acción dun proxecto máis amplo que a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde quere levar a cabo durante o vindeiro curso.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Obras Públicas presenta o musical "Bye Bye Honey" no Teatro Principal

24/05/2016

A compañía Obras Públicas presenta o musical Bye Bye Honey no Teatro Principal esta semana. Poderá verse en dúas funcións, venres 27 e sábado 28 de maio, ás 20:30 horas. Esta mañá presentaron o espectáculo en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto a César Goldi, Iolanda Muíños, Fran Facal e Ramón Orencio.

Leer más

CONSORCIO E EDUCACIÓN

O alcalde inaugurou en Sargadelos os talleres que axudarán aos cidadáns a mellorar a xestión da enerxía nas súas vivendas

24/05/2016

Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, o Consorcio de Santiago vai celebrar ao longo desta semana, no primeiro andar da Galería Sargadelos, varios talleres participativos para que os cidadáns melloren a xestión enerxética nas súas vivendas, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste...

Leer más
Compartir: