MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

O Concello pon en marcha unha aplicación móbil para a comunicación de incidencias

12/05/2016

O Concello de Santiago pon en funcionamento unha app para móbiles que facilitará que a cidadanía comunique as incidencias que detecten no termo municipal. O edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou este servizo, chamado Liña Verde, e que "ten como obxectivo axilizar a resolución de problemas relacionados fundamentalmente co equipamento urbano".

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia interpreta este venres "O soño dunha noite de verán" para o público infantil e familiar

12/05/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra este venres un concerto para o público infantil e familiar, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia. Esta cita enmárcase dentro do ciclo ¡Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso, as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel, e a...

Leer más

CONVIVENCIA E FACENDA

O Goberno municipal presenta ás asociacións de veciños da cidade a proposta de modificación da ordenanza de vaos

12/05/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e a edil de Economía e Facenda mantiveron onte pola tarde unha xuntanza cos representantes dunha trintena de asociacións de veciños, para lles dar conta da proposta do Goberno para a modificación da Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública. Xan Duro e María Rozas explicaron tamén os cambios formulados na ordenanza fiscal que lle afecta aos vaos.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listaxes de admisión e agarda nos obradoiros de verán as escolas infantís

12/05/2016

A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de publicar as listaxes de admitidos/as e de agarda nos obradoiros de verán 2016 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Os solicitantes que o desexen poderán realizar as súas consultas a partir de hoxe xoves na propia Concellaría, a través dos teléfonos 981 554 400/401, ou nas escolas infantís para as que se solicitou praza.

Leer más
Compartir: