DEPORTE

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Copa Galicia de Clubs de xadrez

26/04/2016

Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Copa Galicia de Clubs de xadrez, que se celebrará o sábado 30 de abril (categoría sub-16) e o domingo 1 de maio (categoría absoluta) no colexio Manuel Peleteiro. A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou en rolda de prensa este campionato, que é unha das referencias neste deporte a nivel autonómico.

Leer más

CONVIVENCIA

O Goberno local presenta a súa proposta de modificación da Ordenanza de actividades, instalacións e ocupación da vía pública

26/04/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da proposta do Goberno municipal para a modificación da Ordenanza de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública. Proponse a substitución das fianzas por organizar un acto en espazos públicos por unha declaración responsable e apóstase por eliminar o artigo que obriga ás comunidades de propietarios a manter en bo estado o acceso aos seus garaxes. Ademais, a taxa dos vaos terá en conta as prazas coas que contan os aparcamentos, e non unicamente a...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación e Cidadanía súmase ao Día Internacional das Rapazas nas TIC "Girls in ICT Day 2016"

26/04/2016

O Departamento de Educación vén de sumarse ao Día Internacional das "Rapazas nas TIC" (Girls in ICT), promovido e coordenado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro, para crear unha contorna global que promova e apoie as rapazas para que consideren carreiras no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs).

Leer más
Compartir: