FACENDA

Comeza o proceso de orzamentos participativos 2017 coa posta en marcha dunha enquisa para delimitar distritos

14/04/2016

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá en rolda de prensa o inicio do proceso de orzamentos participativos para o vindeiro 2017. Trátase do primeiro paso do proceso, que ten como obxectivo dividir a cidade en 5 ou 8 zonas. Os resultados da enquisa faranse públicos a finais de maio e serán un elemento máis para a formación destes distritos.

Leer más

ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Un escritor e unha ilustradora gregos, gañadores do IX Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados

14/04/2016

Un escritor e unha ilustradora gregos, Anthonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, son os gañadores da IX edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Así o acordou o xurado reunido esta mañá, que tivo que estudar os máis de 240 traballos chegados de 23 países distintos. O traballo gañador leva por título El último día, e os seus autores recibirán como premio 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor da súa obra. A Editorial Kalandraka...

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago amosa a cidade a axentes de viaxes e turoperadores irlandeses en colaboración con Aer Lingus

14/04/2016

Turismo de Santiago amosará a cidade estes días a un grupo de axentes de viaxes e turoperadoes irlandeses, nunha acción de promoción que conta coa colaboración de Aer Lingus e a Oficina Española de Turismo en Dublín. O mercado irlandés é un dos mercados que está tendo un maior crecemento na cidade nos últimos anos, tanto en número de peregrinos como en turistas que visitan a cidade para "short breaks", aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural presenta as subvencións de actividades culturais ao sector profesional

14/04/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a pasada semana as bases reguladoras da convocatoria aberta de subvencións a actividades culturais no 2016, tanto en metálico como es especies. Trátase da terceira convocatoria deste tipo que pon en marcha o Departamento de Acción Cultural, que resolveu adxudicar ata o momento un total de 111.000 euros do seu orzamento en convocatorias abertas e con proxectos seleccionados por unha comisión avaliadora. Unha vez presentadas e publicadas no BOP, a Concellaría convoca a un encontro...

Leer más
Compartir: