ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o embaixador de Irlanda, David Cooney

08/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi o embaixador de Irlanda, David Cooney, quen asinou no Libro de Honra da Cidade. Logo sumouse na praza do Obradoiro á lectura da declaración institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Producións Excéntricas presenta "Os amores de Jacques o fatalista", por Quico Cadaval

08/03/2016

Producións Excéntricas presenta en Compostela o seu último traballo, Os amores de Jacques o fatalista. Protagonizada por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz, trátase dunha adaptación de Quico Cadaval da novela Jacques o fatalista, do francés Denis Diderot. Cadaval é tamén director da obra que poderemos ver no Teatro Principal o xoves 10 e o venres 11, ás 20:30, e de novo o domingo 13, ás 19:00 horas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Femenino singular", unha comedia aceda sobre a maternidade, no Teatro Principal

08/03/2016

A Concellaría de Acción Cultural presenta este mércores no Teatro Principal, ás 20:30 horas, Femenino singular, unha comedia aceda sobre a maternidade enmarcada dentro dos actos especiais deste mes arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Marta Belenguer, Rosa Manteiga, Carolina Solas e María Vázquez, xunto a Jorge Muñoz, contan a súa vida, real, como mulleres, nais, actrices e amigas. As entradas, a 12 euros (6 para os supostos de redución) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal,...

Leer más

ALCALDÍA E CONVIVENCIA

Os Bombeiros de Santiago celebran o seu día

08/03/2016

O 8 de marzo celébrase o Día dos Bombeiros, e o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Compostela celebrouno cunha recepción nas súas instalacións. O alcalde, Martiño Noriega, o concelleiro de Medio Ambiente e Cidadanía, Xan Duro, e os voceiros da oposición asistiron a este acto, ao que tamén estiveron invitados representantes da Policía Local, Protección Civil, a Policía Nacional e a Garda Civil.

Leer más

TURISMO

Turismo promociona a cidade en Berlín

08/03/2016

Turismo de Santiago participa na ITB, principal feira de turismo do mercado alemán, que se celebra en Berlín do 9 ao 13 de marzo. A participación da entidade municipal de promoción turística na ITB é unha das súas accións máis importantes do ano, xa que o mercado alemán é prioritario para a cidade. O mercado alemán suma máis de 50.000 pernoctacións cada ano nos hoteis da cidade, sendo só superado en número polo mercado italiano.

Leer más

CONVIVENCIA

A Policía Local actualiza a súa formación

08/03/2016

A Policía Local de Compostela está actualizando os seus coñecementos, grazas a un plan formativo organizado polo Concello e que ten como obxectivo garantir a seguridade cidadá. A temática dos cursos está relacionada co labor diario dos axentes.

Leer más
Compartir: