XUNTA DE GOBERNO

Santiago intégrase na Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e Comunitaria

04/11/2016

O Concello de Santiago vaise sumar, a partir do 1 de xaneiro de 2017, á Rede Estatal de Entidades Locais pola Compostaxe Doméstica e Comunitaria. Así o acordou hoxe a Xunta de Goberno, segundo explicou o secretario do órgano, Xan Duro. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que, con esta incorporación, "Santiago asume o compromiso de desenvolver políticas locais que impulsen a compostaxe doméstica e comunitaria, a través de campañas educativas e informativas, e de experiencias piloto".

Leer más

FACENDA E ESPAZOS CIDADÁNS

O Ministerio de Facenda informa dos pasos a dar polos concellos seleccionados na convocatoria EDUSI

04/11/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, participaron hoxe en Madrid na segunda xornada do VI Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas, RIU. O principal obxectivo do encontro era que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas informara dos pasos a seguir polos concellos aos que lles veñen de ser asignados fondos europeos para a aplicación das súas Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado. No caso de Santiago, esa achega será de dez millóns de...

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras da igrexa do convento de Santa Clara

04/11/2016

O Consorcio de Santiago interveu na igrexa do convento de Santa Clara, afectada pola entrada da auga da chuvia e por unha alta humidade no seu interior, circunstancia moi negativa para os bens de alto valor que posúe, entre eles os retablos e un magnífico órgano barroco. As obras centráronse nas revocaduras do inmoble, nas cubertas e no xardín de acceso á igrexa.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera "Os pescadores de perlas", de Bizet, en versión concerto

04/11/2016

A Real Filharmonía de Galicia porá en escena a próxima semana a ópera Os pescadores de perlas, do compositor francés Georges Bizet, en versión concerto. A orquestra ofrecerá dúas actuacións, o mércores 9 no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas; e o venres 11 no Teatro Afundación de Vigo, tamén ás 20:30 horas. Estes concertos son unha coprodución da RFG e o Outono Lírico de Amigos da Ópera de Vigo, en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago de...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Concha Fernández abriu o XVI Encontro de Autoxestores de Fademga

04/11/2016

Autoxestores de 14 entidades galegas da discapacidade intelectual (Aceesca, Ámbar, Amipa, Aspadisi, Juan María, Aspanaex, Aspas, Aspnais, Aspronaga, Chamorro, Fademga, Juan XXIII, Pai Meni e Prodeme) participan hoxe no seu encontro anual, que nesta ocasión reúne no Hotel Congreso (Montouto) a máis de 130 persoas con discapacidade intelectual e persoas de apoio.

Leer más

CONVIVENCIA

Cambios de tráfico na travesía de Tras Santa Clara

04/11/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anunciou hoxe algunhas modificacións que lle afectan ao tráfico na travesía de Tras Santa Clara. A partir do próximo luns, eliminarase un carril deste viario, polo que só se poderá circular en dirección subida.

Leer más

ALCALDÍA

Compostela súmase á Declaración pola Xestión Pública da Auga

04/11/2016

O alcalde de Santiago sumouse hoxe á Declaración pola Xestión Pública da Auga, aprobada no marco do I Encontro de Cidades pola Auga Pública, celebrado onte e hoxe en Madrid. Martiño Noriega participou ademais nunha mesa redonda, xunto cos rexedores de Madrid, Manuela Carmena; Barcelona, Ada Colau; Valencia, Joan Ribó; Zaragoza, Pedro Santisteve; Córdoba, María Isabel Ambrosio; Valladolid, Óscar Puente; A Coruña, Xulio Ferreiro; Terrassa, Jordi Ballart; e Arganda del Rey, Guillermo Hita. Como moderadora exerceu a...

Leer más
Compartir: