IGUALDADE

Dezasete concellos únense á campaña "En negro contra a violencia"

17/11/2016

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a sinatura dun protocolo de colaboración entre os 17 concellos adheridos á campaña En negro contra a violencia. No acto estiveron representados 15 destes consistorios, en concreto polos os alcaldes e alcaldesas de Ames, José Manuel Miñones; Lugo, Lara Méndez; Ribadeo, Fernando Suárez; Santiago, Martiño Noriega; Sarria, Pilar López; Vilaba, Agustín Baamonde e Zas, Manuel Muíño. Tamén estiveron os concelleiros e concelleiras de Igualdade de Cangas,...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Vinte e cinco restaurantes súmanse á iniciativa "Que che re-aproveite!"

17/11/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe unha nova actividade organizada polo seu Departamento para celebrar a Semana Europea da Prevención de Residuos. Trátase da campaña Que che re-aproveite!, que ten como obxectivo evitar o malgasto alimentario nos establecementos de hostalería.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia puxo en directo a banda sonora ao filme "Metrópolis"

17/11/2016

No marco da 30ª edición do festival Cineuropa, proxectouse no Auditorio de Galicia o filme Metrópolis, dirixido no ano 1927 por Fritz Lang e con música do compositor alemán Gottfried Hupperttz. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretaou en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do director andaluz Manuel Coves. O filme e as partituras foron cedidas polo European Filme Philarmonic Institute.

Leer más

PLENO

Santiago reclama para Galicia a titularidade da autoestrada AP-9

17/11/2016

O Pleno da Corporación aprobou hoxe unha declaración institucional na que reivindica para Galicia a titularidade e as competencias da AP-9, segundo o Proxecto de Lei Orgánica aprobado por unanimidade no Parlamento Galego, pero que o Congreso dos Deputados desbotou tramitar no pasado mes de outubro. O texto acordado polos catro grupos municipais insta ao Goberno central e ao Ministerio de Fomento a retirar esa desconformidade, e a todos os grupos políticos con representación nas Cortes Xerais a axilizar a tramitación e a aprobación do citado...

Leer más
Compartir: