ESPAZOS CIDADÁNS

O Concello apoia a incorporación de Cogami ao proxecto Liberty Responde

15/11/2016

O Concello de Santiago foi hoxe escenario do acto polo que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade formalizou a súa adhesión ao programa Liberty Responde, unha iniciativa posta en marcha polo Grupo Liberty Seguros e a Fundación Konecta co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidades sobrevidas. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, foi o anfitrión da presentación, na que participaron o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo; o...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manuel Dios, elixido presidente do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico

15/11/2016

O Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico reuniuse no no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira. Participaron representantes das cidades de Bragança, Braga, Peço da Regua, Chaves, Vila Real, Verín, Ourense, Santa María da Feira, Guimaraes, Monforte, Ferrol, Vilagarcía, Deputación de Lugo e Santiago de Compostela. Na xuntanza, o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios, foi escollido por unanimidade como presidente deste Grupo.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O actor Nathan Willcocks visitou Cineuropa

15/11/2016

Este martes, Cineuropa recibiu o actor, director e produtor franco-galés Nathan Willcocks, que se achegou ao festival para presentar Compte tes blessures, a ópera prima do novo e prometedor Morgan Simon.

Leer más
Compartir: