ACCIÓN CULTURAL

A compañía Entremans e a bailarina Lisvet Barcia presentan os seus espectáculos de danza no Teatro Principal

19/01/2016

A compañía Entremans presenta en Compostela Blondy's coffee, peza sola para dúas mulleres que sumidas no tedio se refuxian en estraños pasatempos en busca de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza, unha viaxe polo labirinto da mente feminina. Antes diso, poderemos ver Eco hecho carne, na que Lisvet Barcia Cabrera nos fala sobre os cambios interiores que temos nun mesmo instante, ideas e camiños que necesitamos transitar para darnos conta de cal é o correcto. Será este mércores 20 e o...

Leer más

ALCALDÍA

A ministra de Fomento fixa maio como data de finalización das obras do túnel de Conxo

19/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosouse satisfeito coa boa predisposición da ministra de Fomento, na reunión que mantiveron hoxe en Madrid. Martiño Noriega solicitara este encontro con Ana Pastor como continuación da reunión do pasado 2 de setembro, na que xa se abordaran temas que son de vital importancia para a cidade, nomeadamente o túnel de Conxo, o orbital e a estación intermodal.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais valora a primeira parte do programa de atención a persoas sen teito, que continuará cunha segunda fase neste primeiro trimestre do ano

19/01/2016

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, deu conta este martes dos primeiros resultados do programa municipal de axuda a persoas sen fogar, desenvolvido en colaboración con FEAFES e Cruz Vermella. Os beneficiarios e beneficiarias do programa foron persoas con enfermidade ou trastorno mental, persoas sen fogar ou sen teito e en risco severo de exclusión social. A edil amosouse moi preocupada pola problemática das persoas sen teito que carecen de redes de apoio sociofamiliares e levan asociados problemas de saúde moi difíciles de...

Leer más

SAÚDE

Reactivado o Consello Municipal da Saúde

19/01/2016

A concelleira de Políticas Sociais presidiu este martes unha reunión do Consello Municipal de Saúde, a primeira que se celebra dende o ano 2006. Foi unha primeira xuntanza de carácter informativo, xa que a constitución oficial do órgano terá lugar despois do Pleno do mes de febreiro, no que se debaterá a proposta de nomes para integralo. Así se acordou na reunión desta tarde, na que estiveron representados os catro grupos políticos da Corporación municipal, así como os representantes da...

Leer más
Compartir: