COMERCIO

O Concello de Santiago elabora unha guía comercial do barrio de Conxo

04/09/2015

O Concello de Santiago elaborou no verán unha Guía Comercial de Conxo para promocionar os recursos e posibilidades comerciais do barrio. A guía presenta información de interese do barrio, como un mapa orientativo, actividades, os principais monumentos, fitos culturais e patrimoniais ou as súas festas. Ademais, recolle información sobre 177 negocios do barrio, entre comercios, empresas e estabelecementos de hostalería. A guía pode consultarse na web do

Leer más

CONVIVENCIA

Listo o dispositivo de tráfico e de transporte urbano por mor das concentracións de tractores previstas para a vindeira semana

04/09/2015

O vindeiro luns, 7 de setembro, está convocada unha concentración de tractores polas rúas de Santiago de Compostela, á que están chamados uns 5.000 tractores. Nos tres días seguintes tamén están previstas outras mobilizacións na cidade convocadas pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo. Por todo isto, preparouse un dispositivo de tráfico e de mobilidade co fin de minimizar no posible a súa afectación ao tráfico e ao transporte urbano.

Leer más

FACENDA

María Rozas lembra que o incumprimento da regra de gasto xa fora alertado pola Intervención en marzo deste mesmo ano

04/09/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, realizou un chamamento á "responsabilidade" e á "ética política" á hora de analizar a información sobre a situación económico-financeira do Concello, xa que lembrou que están "baseadas en informes de diferentes funcionarios en diferentes períodos de tempo". "Por desgraza – dixo- a mala xestión económica do Goberno anterior non só deixou a cidade sen gran parte dos gastos de investimento prometidos,...

Leer más

CONVIVENCIA

O martes 15 de setembro entrarán en funcionamento tres novos fotorroxos

04/09/2015

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou sobre a entrada en funcionamento o vindeiro 15 de setembro de tres novos fotorroxos. Estarán situados na rúa Amor Ruibal, fronte ao IES de Pontepedriña e en dirección saída da cidade; na confluencia da avenida Rodríguez de Viguri coa praza de España, en dirección saída; e na avenida Romero Donallo na confluencia coa rúa Frei Rosendo Salvado.

Leer más

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 14 prazas para que rapaces de entre 5 e 14 anos realicen un curso de corda no centro

04/09/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro acaba de poñer en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, violoncello e contrabaixo. As clases comezarán en novembro de 2015 e prolongaranse ata o mes de maio de 2016.

Leer más
Compartir: