EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listaxes de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores

03/09/2015

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha, o xoves 10 de setembro, os servizo de comedores e de madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Leer más

TURISMO

As 15 cidades Patrimonio presentan a súa oferta turística en Colombia e México

03/09/2015

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España continúa en setembro a promoción internacional das 15 cidades que forman a rede en novos mercados turísticos. Nesta ocasión, e tras a recente presenza no multitudinario evento MuseumsUferFest de Frankfurt (Alemaña), levaranse a cabo dúas novas campañas en Colombia e México, países americanos con mercados emisores moi interesantes para o Grupo pola forte demanda de historia e patrimonio dos seus viaxeiros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Continúa o programa "Imos de excursión 2015" cunha viaxe ás Médulas

03/09/2015

A Concellaría de Acción Cultural continúa en setembro coa programación Imos de excursión, viaxes e saídas organizadas dende os centros socioculturais para este ano 2015. O vindeiro martes, 8 de setembro, a partir das 17:00 horas, abrirase a inscrición para participar na excursión prevista para o domingo 27 de setembro ás Médulas.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello destinou 200.000 á execución do plan de obras de verán nos centros educativos

03/09/2015

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deron conta do plan de obras deste verán 2015 nos centros de ensino de infantil e primaria de Santiago de Compostela. O Concello investiu 202.142 euros nestas obras de verán, do total de 400.000 euros destinados por Educación a este tipo de traballos de mantemento e reparación no curso 2014-2015.

Leer más

ALCALDÍA

O Goberno local demanda celeridade no proxecto da segunda fase da estación, destinada a garantir a súa intermodalidade

03/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, deron conta da reunión mantida coa ministra de Fomento, Ana Pastor. Sobre os temas tratados – as obras de Conxo, a estación intermodal e a conectividade da AP-9 co norte da cidade- o rexedor atopou unha "receptividade" que "haberá que testar no tempo".

Leer más

ALCALDÍA

Reunión coa Cámara de Comercio de Santiago

03/09/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse en Raxoi co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e co seu secretario xeral, Fernando Barros.

Leer más
Compartir: