FACENDA

María Rozas reúnese co voceiro do BNG, Rubén Cela, para trasladarlle unha proposta de ordenanzas fiscais

26/09/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, reuniuse co voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, ao que lle trasladou a proposta do Goberno local sobre as ordenanzas fiscais relativas aos impostos de devindicación anual do próximo exercicio. O Goberno municipal de Compostela Aberta quere duplicar o gasto social no Concello, unha tarefa que pasa por mellorar a eficiencia, xestionar mellor os recursos, combater a fraude e actualizar as ordenanzas fiscais. A edil terá unha xuntanza o próximo luns co voceiro socialista, Paco Reyes, e...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Os concellos de Santiago e da Coruña deseñarán fórmulas de colaboración en materia de servizos sociais

26/09/2015

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantivo este venres unha xuntanza de traballo coa edil de Xustiza Social e Emerxencia da Coruña, Silvia Cameáns, que serviu como unha primeira toma de contacto de cara a establecer unha rede de colaboración entre ambos concellos en materia de servizos sociais. Concha Fernández asegura que nesa xuntanza se tratáron temas como a emerxencia e a exclusión social, ademais de artellar unha alianza coa que esixir á Xunta de Galicia e Goberno central que revirta os recortes en servizos...

Leer más
Compartir: