FESTAS

Concerto de The Gospell Times na Quintana e de Fetén Fetén no Toural, na xornada do luns 20 das festas do Apóstolo 2015

19/07/2015

Os protagonistas da xornada do luns 20 das festas do Apóstolo serán The Gospell Times e Fetén Fetén, que ofrecen concertos á noitiña, na praza da Quintana e no Toural, respectivamente. Pero antes teremos moito Artellando: nos barrios (en Nemenzo, Santa Marta e O Castiñeiriño) e nos recunchos, en concreto no recanto de San Miguel (fronte ao Museo das Peregrinacións).

Leer más
Compartir: