MOCIDADE

A Concellaría de Mocidade continúa coas actividades do seu programa Verán Activo

17/07/2015

Durante esta semana, un grupo de rapaces e rapazas de 14 a 18 anos participan en Portonovo no Surf Camp, unha das propostas de lecer e aventura organizada pola Concellaría de Mocidade dentro do seu programa Verán Activo 2015. Na semana anterior, outro grupo de rapaces participaron nun campamento en Teverga (Asturias) e, o martes 21 de xullo, celebrarase unha xornada multiaventura en Carcacía.

Leer más

FESTAS

Verónica Boquete abriu as festas do Apóstolo mostrando o seu orgullo por levar o nome de Santiago de Compostela polo mundo

17/07/2015

Verónica Boquete foi a encargada do pregón co que se iniciaron as festas do Apóstolo. A futbolista compostelá indicou que "sensación de ledicia" por ser a pregoeira era " impagable" e agradeceu a confianza por ter sido elixida para este cometido. "Estar aquí impresiona, e claro que é pola Catedral, pero tamén por todos vós", díxolles aos presentes na praza do Obradoiro.

Leer más

FESTAS

Xornada de Folclore Galego, Torneo da Chave e o arranque de Artellando, programa do sábado das Festas do Apóstolo

17/07/2015

Tras o pregón da compostelá Vero Boquete na noite do venres, o sábado metémonos xa de cheo nas festas do Apóstolo cun programa cargado de actividades variadas. Ás 17:00 h comeza o Torneo de Chave na Alameda e celebraremos a Xornada de Folclore Galego a partir das 21:00 h na praza da Quintana. Ademais, durante todo o día desenvólvese o programa Artellando: dende as 12:30 h da mañá teremos Artellando nos barrios; a partir das 21:30 h artellaremos nos Currunchos e pechamos a xornada ás 23.00h con...

Leer más
Compartir: