CULTURA

A Real Filharmonía de Galicia celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións na rúa, propostas didácticas e un concerto extraordinario polo 20º aniversario

01/07/2015

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2014-2015 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o seu director técnico, José Montes.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co Foro Cívico Empresarial para sumarse á reivindicación dun maior financiamento para a USC

01/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantivo onte un encontro co Foro Cívico Empresarial nas instalacións da Cámara de Comercio. Nesta reunión, as diversas institucións da cidade que conforman o colectivo solicitaron ao rexedor o seu apoio nas reivindicacións sobre o aumento de recursos públicos e financiamento para a Universidade de Santiago.

Leer más

CULTURA

Friman, Potter, Abramovich e Herningman nunha xornada do Festival Via Stellae na que tamén estará Brais González

01/07/2015

Na xornada do xoves 2 de xullo teremos dúas propostas dentro do Festival Via Stellae. Comezamos ás 20:00 horas na Capela da Orde Terceira con Anna Maria Friman, John Potter, Ariel Abramovich e Jacob Heringman, que presentan o programa Amores pasados… e amores presentes… desdebuxando fronteiras, e continuamos co pianista vigués Brais González, ao que poderemos escoitar ás 22:00 horas no CGAC co programa Espírito barroco#alma atlántica construíndo unhas novas estacións. Este último concerto...

Leer más
Compartir: