ACCIÓN CULTURAL

Catro talleres formativos nos centros socioculturais sobre a factura eléctrica

04/11/2015

A Concellaría de Acción Cultural, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia e co patrocinio do Instituto Galego de Consumo, organiza neste mes de novembro catro talleres formativos noutros tantos locais socioculturais: Figueiras, Marantes, Marrozos e A Peregrina. A temática será a comprensión da factura da electricidade e as prácticas para aforrar na mesma.

Leer más

TURISMO

A fase de selección asegura a calidade de Santiago(é)Tapas, que dinamizará a gastronomía local do 12 ao 29 de novembro

04/11/2015

O certame Santiago(é)Tapas volverá dinamizar a gastronomía da capital de Galicia entre o 12 e o 29 de novembro, con máis de 65 establecementos participantes nun evento que chega á súa oitava edición. Xa se está a celebrar a fase de preselección, que determinará o número total de concursantes. Un xurado é o encargado de asegurar a calidade e máis a adecuación aos criterios do evento dos petiscos presentados

Leer más

FACENDA

María Rozas insiste en que a proposta do Goberno municipal en relación ás ordenanzas é "gravar máis aos que máis teñen"

04/11/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, afirmou na rolda de prensa posterior á Comisión de Facenda que a proposta do Goberno municipal para a aprobación das ordenanzas pasa por "gravar máis a quen máis ten", o que implicaría incrementar o tipo para o 10% das propiedades non residenciais máis caras. Para María Rozas, trátase de "xustiza social, de que máis ten aporte máis para poder cumprir o obxectivo de duplicar o gasto social a 100 euros por habitante e ano".

Leer más

MOBILIDADE

Arranca o proceso participativo para consensuar o Pacto pola Mobilidade

04/11/2015

O Goberno local quere elaborar un novo Plan de Mobilidade Sostible, e aspira a que ese documento goce dun consenso social que non tiveron ata agora documentos semellantes, de xeito que se garanta a súa aplicación a longo prazo. Para iso, o primeiro paso será asinar un gran Pacto pola Mobilidade. Os traballos para logralo comezarán o próximo día 10 de novembro, cunha xuntanza na que participarán diferentes axentes sociais de Compostela e representantes dos municipios da comarca.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais reúnese co Foro Galego da Inmigración

04/11/2015

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiu no Pazo de Raxoi o Foro Galego da Inmigración, cos que falou sobre unha moción a levar ao próximo Pleno sobre os centros de internamento de estranxeiros (CIE). O obxectivo pasa agora por reunirse co resto de grupos políticos para elaborar unha declaración conxunta que poida ser aprobada pola Corporación. Na moción quere manifestarse o compromiso do Concello en traballar pola erradicación do racismo na cidade e pola igualdade de dereitos e oportunidades para toda...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Trescentos filmes na XXIX edición de Cineuropa, que se celebra en cinco salas de Compostela do 6 ao 29 de novembro

04/11/2015

O alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron este mércores a XXIX edición do festival, que se celebra do 6 ao 29 de novembro en cinco salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia). Poderemos ver 158 películas na sección máis oficial, ás que hai que sumar 143 que se enmarcan no que denominamos como OFF-Cineuropa, para sumar 301 filmes.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello procura o consenso na demanda da construción urxente da nova EDAR

04/11/2015

O Goberno local quere que a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais non se siga adiando, e por iso vén mantendo contactos cos colectivos afectados dun ou doutro xeito por este proxecto. Esta tarde, o alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente recibiron no Pazo de Raxoi os representantes da Plataforma pola Recuperación do Sar, co seu presidente, Xosé Manuel Penas Patiño, á cabeza.

Leer más
Compartir: