ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa Asociación de Viúvas

03/11/2015

O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación de Viúvas de Santiago, dentro da rolda de contactos que Martiño Noriega está a manter para presentarse aos distintos colectivos da cidade.

Leer más

MOCIDADE

O programa "Compostela Actúa" incorpora un grupo de danza e inicia os castings

03/11/2015

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou a terceira edición do programa Compostela Actúa, de dinamización das artes escénicas e musicais. Esta iniciativa pretende fomentar a creatividade dos mozos e mozas de Santiago, ofrecendo unha alternativa divertida e formativa no ámbito da música e da escena. Nesta nova edición incorpórase un cuarto grupo, de danza, que se suma aos xa existentes de coro, teatro e música.

Leer más

ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago

03/11/2015

O alcalde recibiu este martes a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago, despois de varios contactos previos dende o Goberno local con esta entidade, que agrupa ás 13 confrarías da capital galega. No encontro, Martiño Noriega reafirmou a decisión do Goberno municipal de non conceder subvencións nominativas ás confrarías, nomeadamente a que viña recibindo a Confraría da Vera Cruz.

Leer más

ALCALDÍA

O Pleno da Corporación aprobará unha declaración institucional para reivindicar un novo xulgado do social en Compostela

03/11/2015

O alcalde convocou este martes unha xuntanza co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, e cos voceiros dos catro grupos municipais, para fixar unha posición conxunta na demanda de novos órganos xudiciais para Compostela. Na reunión quedou evidenciada a necesidade de que a capital galega conte cunha nova Sala do Social que alivie a carga de traballo das tres existentes ata o de agora.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Le Nouveau" inaugura o festival Cineuropa

03/11/2015

A película coa que se inaugurará esta XXIX edición de Cineuropa será Le Nouveau, unha entrañable comedia sobre esa complexa etapa vital que é a preadolescencia. O acto inaugural será este venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, e a entrada será de balde previa retirada de invitacións no despacho do Teatro Principal (as invitacións poden recollerse dende a tarde do xoves).

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Foro Colaborativo para o Emprego inaugúrase este xoves no Pazo de Congresos

03/11/2015

O Foro Colaborativo polo Emprego de Santiago acollerá os días 5 e 6 de novembro un amplo abano de actividades como espazo de encontro entre demandantes de emprego, empresas e axentes sociais. No marco do FOCO, dende comezos de outubro ata o 3 novembro, a Axencia Local de Colocación tramitou 89 ofertas de emprego para 129 postos de traballo, sendo 1.408 as persoas que se inscribiron cando menos nunha destas ofertas. Xestionáronse un total de 4.090 currículos.

Leer más

TURISMO

Turismo de Santiago promociona a cidade na World Travel Market de Londres

03/11/2015

Turismo de Santiago está a promocionar a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 2 e o 5 de novembro. Prevese a participación de máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presenza de profesionais europeos e asiáticos.

Leer más
Compartir: