TURISMO

As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse en Estados Unidos

18/11/2015

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre elas Santiago de Compostela, está a participar nas Xornadas de apoio á comercialización organizadas por Turespaña en California, que teñen lugar no Condado de Napa, xunto a San Francisco, e que consistiron nunha presentación e nun workshop con turoperadores de todo Estados Unidos. Neste caso trátase dunha acción orientada a operadores especializados en turismo cultural e enogastronómico.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Premio Cineuropa 2015 para Arturo Ripstein

18/11/2015

Mañá xoves, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, entregaráselle o Premio Cineuropa ao cineasta mexicano Arturo Ripstein. Tras a cerimonia proxectarase Profundo Carmesí, película dirixida por Ripstein en 1996. Á parte do premiado, contaremos coa presenza de Marisa Paredes, unha das actrices do filme. Ripstein foi recibido esta mañá na Casa do Concello polo alcalde da cidade.

Leer más

LINGUA

Convocado o XVI Premio Manuel Beiras

18/11/2015

O alcalde presentou hoxe unha nova edición, a número XVI, do Premio Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial. O certame, convocado polo Concello e a Cámara de Comercio, cumpre un dobre papel: salientar o esforzo das empresas na normalización lingüística, e lembrar a figura de Manuel Beiras, un histórico comerciante compostelán e destacado loitador en prol da nosa lingua e a nosa cultura. Na presentación, Martiño Noriega estivo acompañado polo vicepresidente da Cámara de...

Leer más

INNOVACIÓN

Santiago participa na Asemblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes

18/11/2015

O Concello de Santiago participou na Asemblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), que reuniu este mércores na Fira de Barcelona a representantes dos seus 65 municipios. Na reunión deuse conta do resultado do evento startup4cities 2015, celebrado o martes no marco do Smart City Expo World Congress. Nel, 18 emprendedores españois e portugueses presentaron os seus proxectos innovadores para mellorar a xestión e a calidade de vida da cidade, e varias cidades ofrecéronse para converterse en laboratorios urbanos onde...

Leer más

CONSORCIO

Unha exposición reúne na Casa do Cabido unhas 270 postais antigas de Santiago, do coleccionista compostelán Uxío de la Riva

18/11/2015

Baixo o título Unha ollada ao pasado, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, promove unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol. A mostra exhíbese dende este mércores na Casa do Cabido, na praza das Praterías, onde foi presentada. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; membros do Padroado do Museo do Pobo Galego; e o comisario da exposición, Juan Conde.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Recoñecemento a Arturo Ripstein e novas estreas na xornada do xoves en Cineuropa

18/11/2015

Escuro á vez que brillante, fascinante, obsesivo e amante da mellor literatura, Arturo Ripstein consolidou ao longo de 50 anos unha das carreiras máis persoais e viscerais do cinema a nivel internacional. Este xoves, Cineuropa entregaralle o seu premio ao cineasta mexicano, que está en Santiago revisitando o seu cinema. Á parte de Profundo Carmesí, tras a entrega do galardón, poderemos ver El lugar sin límites, outro filme da súa retrospectiva, ás 17:00 h no Salón Teatro.

Leer más
Compartir: