CONVIVENCIA E MEDIO AMBIENTE

O Goberno local actualizará o regulamento municipal do Servizo de Saneamento

11/11/2015

O Goberno local vai modificar a Ordenanza Municipal de Verteduras, para adecuala á Lei de Augas de Galicia e, máis en concreto, ao Regulamento Marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais, aprobado pola Xunta no ano 2012. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Concello de Santiago leva anos incumprindo esa normativa e facendo caso omiso dos requirimentos que lle chegaron ao respecto.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O adestrador Moncho Fernández inaugura as xornadas de fomento da cultura emprendedora "Emprende Way"

11/11/2015

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a segunda edición de Emprende Way, programa para o fomento da cultura emprendedora na cidade enmarcado dentro do programa municipal Compostela Móvese. A concelleira estivo acompañada polas dúas emprendedoras organizadoras do evento, Carolina Lodeiro e Tamara Rodríguez.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Virgin Mountain", "The Lesson (Urok)" e "She's Funny that Way", as estreas máis destacadas da xornada en Cineuropa

11/11/2015

Este xoves estrearase Virgin Mountain, un traballo de Dagur Kári avalado polos seus tres galardóns no Festival de Tribeca nas categorías de mellor película, actor e guión, e cuxo actor principal, Gunnar Jónsson, tamén foi premiado na Seminci de Valladolid polo seu papel de xigantón entrañable. Virgin Mountain é a historia de Fúsi, un neno grande e inadaptado nun mundo onde non é socialmente aceptable conservar a inocencia infantil con máis de 40 anos. Dagur Kári aposta polo...

Leer más
Compartir: