ALCALDÍA

O alcalde acompaña o ministro de Educación e Cultura na súa visita ao Museo das Peregrinacións e de Santiago

10/11/2015

O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibiu esta tarde a visita do ministro de Educación e Cultura, Íñigo Méndez de Vigo. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañou o ministro no seu percorrido, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a xerente do Consorcio Belén Hernández, entre outras autoridades.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Un curso indaga nas manifestacións literarias e musicais arredor do xogo tradicional

10/11/2015

A Concellaría de Educación e Cidadanía colabora no VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico: Xogo, literatura oral e música, organizado pola Nova Escola Galega e a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Serán dúas xornadas de relatorios e obradoiros, os días 13 e 14 de novembro, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Leer más

ALCALDÍA

Martiño Noriega reitera o rexeitamento do Concello ao traslado do 061

10/11/2015

O alcalde de Santiago recibiu este martes a Xunta de Persoal do 061, que segue coas súas mobilizacións contra o traslado da súa central ao concello da Estrada. Martiño Noriega expresoulles o respaldo do Concello ás súas reclamacións, por canto a situación lle afecta a 250 familias da cidade.

Leer más

CONSORCIO

A RFG pon en directo a banda sonora ao filme "A muller lixeira" para conmemorar o 25º aniversario do falecemento de Greta Garbo

10/11/2015

No marco da 29ª edición do festival Cineuropa, este xoves, 12 de novembro, proxectarase o filme A woman of affairs (A muller lixeira), dirixido por Clarence Brown e con música de Carl Davis. Será ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do director francés Diego Masson.

Leer más

CONSORCIO

Este xoves, último día para visitar a exposición de fotografías de Ramón Sánchez Estalote exhibida na Casa do Cabido

10/11/2015

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promoveu unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra estaba repartida entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías), onde poderá visitarse ata este xoves; e o Museo do Pobo Galego, onde se clausurou a finais de setembro. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións máis de 22.000 persoas.

Leer más
Compartir: