CAPITAL CULTURAL
O venres 21 de xuño abre o prazo para a solicitude de subvencións para asociacións culturais e para participar nos premios Exeria e Selic
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, xoves 20 de xuño, a convocatoria para a solicitude de axudas para as asociacións culturais, así como as bases dos premios de creación literaria Exeria e Selic. As solicitudes poden presentarse a partir de mañá, venres 21 xuño.
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín participa na Comisión Executiva do Eixo Atlántico celebrada en Lugo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá na Comisión Executiva do Eixo Atlántico que tivo lugar na cidade de Lugo, onde se inaugurou unha praza co nome da entidade transfronteiriza.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Praza Roxa acolle o Mercado das Alfaias "para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable"
A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola Concellaría de Dereitos e SErvizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, en colaboración coa asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de petiscos de restaurantes colaboradores, palestras, e música ao vivo.
MOBILIDADE
O martes 25 de xuño entra en vigor o horario de verán no transporte urbano
Este ano destacan dúas actualizacións importantes. En primeiro lugar, reforzaranse os servizos das liñas 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos para evitar incidencias. En segundo lugar, os horarios de verán coinciden co inicio das obras da rúa do Pombal.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello recupera a exposición sobre a situación das persoas refuxiadas e migrantes, instalada desde hoxe na Alameda
Esta mañá quedou instalada na Alameda a exposición "Mira con outros ollos", impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. Trátase da mostra que xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021, e que fora vítima de actos vandálicos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explicou que "recuperando esta exposición queremos lanzar a mensaxe de que o Concello de Santiago non vai calar diante do odio e da...