SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos
Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E CAPITAL CULTURAL
Cornes conmemora o 150 aniversario da primeira liña ferroviaria de Galicia
Os concellos de Santiago e de Vilagarcía celebraron esta mañá un acto institucional conxunto con motivo do 150 aniversario da posta en marcha da primeira liña ferroviaria galega que uniu Cornes, no barrio de Conxo, con Carril. Durante o acto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcalde de Vilagarcía, Tania García, inauguraron unha exposición sobre a historia do tren en Galicia e descubriron unha escultura dun cambio de agullas para homenaxear o mundo ferroviario.