VIVENDA

En marcha a convocatoria de axudas para actuacións nos ámbitos das ARI do Casco Histórico, Vista Alegre, Vite e Pontepedriña

05/09/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, e o arquitecto responsable da Oficina de Rehabilitación e Vivenda, Javier Fernández, presentaron a convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello: Casco Histórico, Vista Alegre, Pontepedriña e Vite. O prazo de solicitude estará aberto ata o 6 de outubro.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Universidade afianzan a colaboración en materia investigadora

05/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, CiTIUS, co seu director científico, Senén Barro, co que falou da aplicación das tecnoloxías intelixentes en proxectos de interese para a cidade e, máis en concreto, de programas en marcha como o Smartiago ou o Trafair.

Leer más

ALCALDÍA

O novo Consello Director de Compostela Rupestre deseña a folla de ruta para a consolidación do parque

05/09/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, xunto co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e representantes dos concellos de Ames, Brión, Teo, e Val do Dubra, participaron nunha nova xuntanza do Consello Director de Compostela Rupestre, na que se tomaron decisións con respecto aos traballos a desenvolver nos próximos meses de cara a avanzar na consolidación do parque. Na reunión, celebrada en Raxoi, incorporáronse ao proxecto representantes dos novos gobernos...

Leer más
Compartir: