ACCIÓN CULTURAL

Gran participación nas actividades de "Vive o verán"

07/09/2017

As máis de cen actividades incluídas no programa Vive o verán, tiveron unha alta participación dos composteláns e compostelás e das persoas que visitaron a cidade. Vive o verán ofreceu un amplo abano de posibilidades que ían dende as proxeccións ao aire libre ao teatro para pequenos e adultos, incluíndo tamén rutas e exposicións temáticas, algunhas das cales aínda continúan neste mes de setembro.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O servizo de comedores arrancará o 11 de setembro con arredor de 900 nenos e nenas xa inscritos/as

07/09/2017

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha o 11 de setembro de 2017 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores. As familias xa inscribiron a uns 900 nenos e nenas que farán uso destes servizos.

Leer más

MOBILIDADE

A prohibición de circular polo último tramo da avenida de Xoán XXIII e San Francisco limítase aos vehículos "de paso"

07/09/2017

A circulación pola avenida de Xoán XXIII no tramo que vai dende o Burgo das Nacións ata Entrerríos estará permitida a partir do próximo luns para os vehículos que teñan o seu destino nestas dúas rúas, e seguirá estando prohibida para os demais condutores e condutoras. Así o anunciou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Jorge Duarte explicou que a intención do Goberno local "é seguir testando como funcionan estas modificacións, co obxectivo...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Esperanza Mariño, Daniel Asorey, Antón Riveiro e Marta Dacosta guían os paseos literarios por Compostela en 2017

07/09/2017

A Concellaría de Acción Cultural e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. A escritora e investigadora compostelá Esperanza Mariño Davila, o autor e profesor de lingua e literatura santiagués Daniel Asorey, o novelista limiao Antón Riveiro Coello e a poeta viguesa Marta Dacosta idean e conducen as catro rutas literarias que o ciclo levará ás rúas de Compostela cada...

Leer más
Compartir: