MEDIO AMBIENTE

Concello e Santiago Futsal colaboran nunha campaña para animar á reciclaxe

12/09/2017

Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente do Santiago Futsal, Ramón García, presentaron unha nova campaña de fomento da reciclaxe na que colaboran o Concello e o club compostelán. O equipo levará o lema "O Santiago Futsal recicla" durante esta tempada 2017-2018.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Teatro Principal acolle a estrea de "A canción do elefante", de Redrum Teatro

12/09/2017

Do mércores 13 ao sábado 16 de setembro, ás 20:30 horas., a compañía Redrum Teatro estrea en Compostela a súa nova produción teatral. A canción do elefante é un thriller de corte psicolóxico, inspirado na obra orixinal The elephant song, do canadense Nicholas Billon. Álex Sampayo dirixe unha peza desacougante e precisa, cunha traballada construción dos personaxes ás que poñen corpo e voz Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto trae a Galicia á lendaria banda alemá faUSt

12/09/2017

FaUSt actuará este outono en Compostela dentro da programación de concertos de Curtocircuíto, da que tamén forman parte o músico e performer francés Álex Augier, os norteamericanos Horse Lords e os live sets de Ricardo Remédio e Álex Silva, entre outros. O festival reforza así a súa proposta de marcado carácter interdisciplinario, cunha oferta musical que xa acolleu en edicións anteriores bandas internacionais como Moon Duo, Peter Broderick, Sensible Soccers, The Cosmic Dead, Toy...

Leer más
Compartir: