XUNTA DE GOBERNO

Máis de 60.000 euros para a mellora do Refuxio de Animais de Bando

28/12/2018

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Refuxio de Animais para o financiamento das obras de mantemento e mellora das instalacións de Bando. A achega municipal para os traballos será de 60.500 euros.

Leer más

NADAL

Cantos de taberna nos centros cívicos para celebrar o Nadal

28/12/2018

A próxima semana, os centros cívicos do Romaño, Fontiñas e O Ensanche serán escenario dunha actividade incluída na programación de Nadal, e que o Concello pon en marcha en colaboración coa Asociación Muiñeiros do Sarela. Trátase dun ciclo de Cantos de Taberna, que inclúe obradoiros nos que as persoas participantes poderán aprender o repertorio tradicional que despois será interpretado polas rúas e tabernas de cada barrio.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello renovará a súa rede de servidores no marco do proceso de implantación da administración electrónica

28/12/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello de Santiago, de cara á implantación da administración electrónica. O proxecto conta cun orzamento de 190.000 euros, dos que 152.000 procederán de fondos europeos vinculados ao programa ReVive-Edusi Santiago.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio concedeu axudas por 274.000 euros en 2018 a través dos seus diferentes programas

28/12/2018

O Consorcio de Santiago ten en marcha na actualidade tres programas de subvencións destinados á rehabilitación de inmobles e locais comerciais situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Trátase do Programa de axudas á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas, co que se busca mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, e optimizar o seu illamento acústico; o Programa Ter é...

Leer más

MOCIDADE

O proxecto "Que fai un creador no meu barrio?" chega no mes de marzo ao Centro Xove da Almáciga

26/12/2018

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, deu conta esta mañá dunha nova actividade que se desenvolverá no mes de marzo no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Trátase do proxecto Que fai un creador no meu barrio?, que achegará o traballo creativo do estudo de deseño Cenlitrosmetroscadrado. Na rolda estivo acompañada da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a responsable de DARDO, Mónica Maneiro, e Ricardo Tubío, deseñador industrial de...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL E CONVIVENCIA

Seis carrozas e 450 figurantes nunha Cabalgata de Reis que será "A viaxe das marabillas"

26/12/2018

Máis de 450 figurantes, 160 deles persoas voluntarias, 25 agrupacións artísticas e seis carrozas formarán parte da Cabalgata de Reis de 2019, que se celebrará baixo o lema "A viaxe das marabillas". A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentaron hoxe o desfile, que continúa "coa aposta pola participación cidadá que se ven mantendo nos últimos anos".

Leer más
Compartir: