CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais encherase de maxia na segunda edición de "Abracastaña"
A Rede de Centros Socioculturais volverá encherse de maxia do 31 de outubro ao 25 de novembro, na segunda edición do programa "Abracastaña". O concelleiro Xan Duro presentou hoxe a actividade, acompañado de Sandra Quintana, responsable do programa de artes escénicas e musicais da rede de centros, e do mago Romarís, un dos protagonistas desta edición.
TURISMO
Compostela superou en setembro as 100.000 estadías de turismo internacional
Turismo de Santiago participa na III Convención de Turespaña, co obxectivo de promocionar a cidade como un destino internacional de turismo consciente.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O Concello habilitará espazos "Bico e Vai" na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou hoxe a proposta para a ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII, co establecemento dos espazos "Bico e Vai" pensados para paradas de curta duración nos horarios de entrada e saída das aulas. O Concello habilitará unha trintena de prazas entre a avenida das Burgas, a avenida de Compostela e Poza de Bar, prazas que tal e como indicou Xan Duro, "deben ser usadas de maneira rotatoria polas familias".
ALCALDÍA
Recepción ao alcalde de Xenebra
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz.