XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá luz verde á adxudicación do contrato de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade
O executivo municipal aprobou esta mañá a adxudicación do contrato para a realización das obras de rehabilitación de firmes de vías urbanas á empresa MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L por un importe de 302.998,01 €. Tamén se deu luz verde a varias adxudicacións entre as que destaca as do contrato para as obras de reurbanización da Rúa do Pombal á UTE REURBANIZACION POMBAL (INSIDE-OVIGA) por importe de 732.420,01 € así como a do servizo da dirección facultativa e de obra e a...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Isabel Suárez, coordinadora da Fundación Secratario Xitano (FSG) en Santiago, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira ou co canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.
ALCALDÍA
A alcaldesa visita as obras do Centro de Protonterapia no CHUS no día do seu inicio
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto que marca o inicio das obras do Centro de Protonterapia de Galicia no CHUS que cualificou como "un excepcional avance para a curación e mellora da calidade de vida de moitas persoas da comunidade enteira".