FESTAS

Volve a Festa do Banquete de Conxo os vindeiros 24, 25 e 26 de maio

05/04/2024

O barrio de Conxo acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. O día grande das Festa será o domingo coa tradicional romaría popular aberta a toda veciñanza na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Os concelleiros de Festas, Pilar Lueiro, e de...

UMAD

O Concello de Santiago empraza a Xunta a asumir os compromisos para a prestación do servizo da UMAD

05/04/2024

A concelleira responsable da UMAD, Pilar Lueiro, participou nunha reunión con representantes da FEGAMP en que, por unanimidade, os concellos rexeitaron o novo convenio proposto pola Xunta dirixido a sufragar os gastos deste servizo porque afecta de xeito negativo ao seu mantemento. A administración galega só concede o 70% do custo da UMAD e pretende aplicar un pagamento fraccionado, cando se trata dunha competencia autonómica da que tiña o compromiso de asumir en xaneiro de 2024 a súa xestión.

ALCALDÍA

Santiago presenta o proxecto ‘Entre Sar e Sarela’ ao Partenariado Greening Cities da Comisión Europea

05/04/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa que esta tarde manterá un encontro con representantes do Partenariado Greening Cities da Comisión Europea aos que lles presentará de primeira man o proxecto 'Entre Sar e Sarela' e as estratexias de renaturalización urbana e fluvial que se levarán a cabo no marco deste proxecto. Este grupo de traballo, integrado por máis de 30 entidades de toda Europa, pretende definir os indicadores aplicables a aqueles proxectos europeos que impulsan as infraestruturas verdes nos...

ALCALDÍA

O Concello aprobará unha nova Relación de Postos de Traballo co obxectivo de axilizar os procedementos administrativos

05/04/2024

Coa nova RPT crearase unha sección especializada na xestión do gasto con catro unidades que permitirá aos departamentos municipais liberarse das tarefas de tramitación de gasto nas que non son especialistas para favorecer a rapidez e a axilidade no Concello. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta desta medida e doutros avances no marco do proceso de reforma para mellorar o funcionamento da administración.

Compartir: