CAPITAL CULTURAL

'Sonoma' abre a quincena da danza de Compostela Cultura o vindeiro 20 de abril

17/04/2024

O aclamado espectáculo da compañía catalá La Veronal fai a súa estrea en Galicia o sábado 20 e abril e arranca dúas semanas de programación especial arredor das artes do movemento. O domingo 28 de abril, Nova Galega de Danza presenta no Auditorio de Galicia ‘Berro’, un espectáculo co que a compañía celebra 20 anos en escena. O venres 3 de maio, o coreógrafo e investigador Javier Martín leva ao Teatro Principal ‘O punto impropio’, un traballo interdisciplinar no que a danza e a tecnoloxía se dan a...

ALCALDÍA

A alcaldesa visitou a veciñanza do Viso para recoller as súas propostas de mellora

17/04/2024

A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e da concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, mantiveron un encontro con veciñanza do lugar do Viso durante unha visita á zona onde analizaron as necesidade de mellora de pavimentación, seguranza viaria e a canalización de augas pluviais, entre outros temas

RELACIÓNS VECIÑAIS

Ábrese o prazo de presentación de solicitude de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais

17/04/2024

A partir de mañá, 18 de abril, todas as entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2024", tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.

CAPITAL CULTURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais acollen as propostas musicais de aCentral Folque no ciclo "No campo de fóra"

17/04/2024

O concerto de Xisco Feijóo no Centro Sociocultural do Ensanche abrirá mañá "No campo de fóra", un programa de actuacións e paseos musicais organizado pola Escola de Música de aCentral Folque en colaboración coas concellarías de Capital Cultural e Centros Socioculturais. No marco deste ciclo haberá outros catro concertos ao longo do mes de maio, e dous paseos musicais para descubrir o patrimonio de Compostela. Todas as actividades serán de balde.

Compartir: