ALCALDÍA

O Concello entregará mañá as súas distincións máis elevadas a sete figuras clave na historia da Compostela

10/04/2024

O Teatro Principal acollerá mañá, xoves 11 de abril, o acto de entrega de títulos, honras e condecoracións a sete persoeiros cuxas traxectorias vitais e profesionais contribuíron á historia e ao progreso de Compostela en distintos ámbitos. O Concello outorgará as Medallas de Ouro da cidade a Tareixa Navaza e a Luís Pasín, e nomeará Fillos predilectos de Santiago a Ramón Baltar, a Aurora Pereira (Aurichu), ambos a título póstumo, e a Ezequiel Méndez. José Porto e Manuel...

XUVENTUDE

Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude

10/04/2024

Propostas relacionadas co cine, a música, os animais e a saúde foron as máis votadas nos Orzamentos Participativos do departamento de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe os resultados do proceso, no que se decidiu o destino de 100.000 euros para actividades do presuposto municipal de 2024. Ao longo do ano executaránse as dez actividades mellor valoradas das máis de cen que foron validadas, despois dunha fase de votación na que participaron máis de mil mozos e mozas.

Compartir: