XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local acorda a volta ao traballo presencial da maioría de persoal que está teletraballando en quendas do 50%

31/05/2021

A Xunta de Goberno Local acordou a volta ao traballo da maioría do persoal que neste momento está teletraballando en quendas do 50%. A circular afecta a todo o persoal empregado que ocupe despachos ou recintos illados de postos de traballo de maneira individual, así como ás persoas emprazadas en espazos ou recintos compartidos que posúan ventilación natural ou mecánica para minimizar a exposición á COVID-19.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os Premios Youtubeiras centrarán a súa quinta edición na formación en liña e no fomento da creación de canles

31/05/2021

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre os que se atopa Santiago, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede.

Leer más

EDUCACION

A veciñanza de Lavacolla e o alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei compartirán a utilización do edificio multiusos

30/05/2021

A veciñanza de Lavacolla e o alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei compartirán, na realización de diferentes actividades, o uso do edificio multiusos de Lavacolla. Así se consensuou coa ANPA do centro escolar, coa Asociación de Veciños Ruta Xacobea; e coa asociación Lavacolla Activa. Foi nun encontro celebrado esta semana, no que estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e os concelleiros de Medio Rural, Xosé Manuel Pichel e de Educación, Rubén Prol.

Leer más

MEDIO RURAL

O alcalde e o concelleiro de Medio Rural visitan o remate das obras das pistas polideportivas e o parque biosaudable do Carregal, no Eixo

29/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, supervisaron; acompañados dunha representación da Asociación de Veciños do Eixo, o remate das obras da "Pistas polideportivas multiusos no lugar de Carregal e parque biosaudable no entorno da igrexa do Piñeiro", que contaron cun orzamento de adxudicación de 125.920 euros, e un prazo de execución de dous meses. Unha área recreativa e deportiva que xa está sendo utilizado pola veciñanza da zona.

Leer más

EDUCACIÓN

O espectáculo "Desconcerto" achegará ao alumnado da Escola Municipal de Música, melodías clásicas en clave de humor

28/05/2021

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou, xunto a Félix Rodríguez e Fran Rei, de Culturactiva Producións, o espectáculo "Desconcerto"; un concerto dirixido ao alumando da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela que terá lugar o vindeiro luns, 31 de maio, ás sete da tarde no Predio de Vista Alegre, baixo a direccion de Marcos Orsi. O obxectivo desta montaxe cómica é achegar a música aos máis cativos a través do humor.

Leer más

COMERCIO

Preséntase "Prima 21. A festa do comercio local", que se desenvolverá no primeiro fin de semana de xuño en diferentes barrios da cidade

28/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e as asociacións a participar en Prima 21. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro quen explicou que o obxectivo...

Leer más
Compartir: